"Tú no puedes volver atrás
porque la vida ya te empuja
como un aullido interminable.
Hija mía es mejor vivir
con la alegría de los hombres
que llorar ante el muro ciego"
José Agustín Goytisolo: "Palabras para Julia"
Este artigo foi escrito despois dun tempo de silencio
consciente da necesidade de seguir camiñando.
Forma parte dos delirios de fúbol que prometín ir
compartindo. Vai dedicado a todos os que loitaron,
a todos os que loitan, aos que sementan futuro.
A Hugo pola súa grandeza.
porque la vida ya te empuja
como un aullido interminable.
Hija mía es mejor vivir
con la alegría de los hombres
que llorar ante el muro ciego"
José Agustín Goytisolo: "Palabras para Julia"
Este artigo foi escrito despois dun tempo de silencio
consciente da necesidade de seguir camiñando.
Forma parte dos delirios de fúbol que prometín ir
compartindo. Vai dedicado a todos os que loitaron,
a todos os que loitan, aos que sementan futuro.
A Hugo pola súa grandeza.
Levaban a lembranza como
única agarradoira, invocaban os retratos para que envellecesen por eles e
buscaban nalgunha célula acabada de nacer o elixir dunha mocidade xa superada.
Polos corredores voces
xuvenís berraban “Zidane” como sinónimo de vello, de caduco; “Cassano”
como quen te chama gordo. Ás veces, eran case gargalladas anticipando unha mofa que habería de chegar, e mesmo as paredes máis opacas se empeñaban en reflectir sombras máis repoludas do que era mester para a moral.
como quen te chama gordo. Ás veces, eran case gargalladas anticipando unha mofa que habería de chegar, e mesmo as paredes máis opacas se empeñaban en reflectir sombras máis repoludas do que era mester para a moral.
O rebumbio dos
espectadores contrastaba seriamente co silencio do quecemento, a algarabía das
gradas, case como os romanos do circo á espera de contemplar un grupo de
cristiáns a piques de ser devorados polas feras, co renxer metálico das
articulacións.
E nisto entraron as feras,
fermosas, novas, cos músculos e o esqueleto en pleno esplendor, coas mandíbulas
dispostas a trabar na primeira oportunidade. Era o seu día, as mozas soñaban
con bicalos vencedores tras o combate e os mozos sentíanos como os
representantes da súa tribo dominante.
Pero o que elas ignoraban
era que aquelas criaturas androides eran realmente seres construídos e mesmo
desconstruídos como o monstro de Frankenstein, coa mestura de materiais de
reciclaxe e dos espíritos ventureiros da Santa Compaña.
Javi, un ve a Javi e parece, coa súa barba de tres días, un aliado
do despiste, pero todo el é un ADSL, conduce a velocidades siderais toda a
información contida nun balón, e, quizás porque coñece todas as partes da rede,
as súas descargas acaban en gol ou en paquetes de bits coas instrucións
precisas para que os usuarios acaden tal fin.
David ten un toque eléctrico, pero non hai amperímetro capaz de
medir a súa resistencia. Defende, pasa, tira e todo sen cortociutarse nunca, o
seu xogo é como un fío de bobina interminable que vai e vén, vén e vai como se
fose tecno-pop. Non sei se será porque tamén entende de calefaccións pero é o
termómetro anímico do equipo.
Os anais recollen que
aquela noite tronou en Trasouto, por iso Quique
está condenado a facelo todo á velocidade do raio, sae pola esquerda ou pola
dereita e xuta coa violencia do trono. Non pensedes que é só unha forza da
natureza, non, é, tamén, unha cuestión de cálculo. Cando mira as liñas do campo
lembra a xeometría de Euclides e cando toca o balón ten presentes os teoremas
de Riman. Non sei se é un chiste fácil pero os seus toques teñen algo de “curso
rimado” “ca es gran maestría”.
Algúns quixeron escribir
unha endecha por el. En Fernando todos
viamos ao cabaleiro da Triste Figura aínda que a súa indumentaria modelo
Mundial do 74 recordounos de contado ao fraco Cruyff. Quizais porque ninguén se
decatou de que, ás veces, para ser un complemento directo é preciso algún
suplemento indirecto, e polo tanto de que existe a maxia do paradoxal, foi para
el a mellor ovación da noite. No seu momento de gloria, emulando a Johnny Red,
superaba ao Can Cerbero alcanzando a súa rede.
Acaso porque nacera no
sur, non podemos imaxinalo con cara de sufrimento. Sexa pola memoria do azar,
pola vitamina C ou porque xa está ben de que o Betis vaia peor que o Sevilla,
non estaba disposto a pintar un bodegón. O seu ten máis que ver co
impresionismo e, de verdade, impresiona. Corre como se fixese debuxo técnico,
defende coa harmonía indescifrable dun pintor abstracto e define como un
puntillista. O caso é que Juan non
pode vivir, nin sequera o deporte, sen ser un artista.
Xa antes de que o maese Chillón declarase que só servía para a definición, axudara a escribir un diccionario. Era evidente que non lle gustaban os trámites, buscaba “del salón el ángulo oscuro” e invocaba as bruxas de Matbech ou o Oráculo de Delfos ou a ambos a un tempo, para adiviñar onde se ía deitar o porteiro e enviar un galano cara a outra parte, e todo nun segundo. En realidade se o analizades morfoloxicamente nunca comprenderedes que a paixón de Salva por bicar a rede –una dulce boca que a gustar convida– é tamén un acto poético.
Si, foi certo, ás presas,
acaso porque saben manexar a pausa, superaron aos depredadores pero iso é
apenas unha anécdota chea de fortuna nunha historia pequena. Xa o dicía León
Felipe: “que todo el ritmo del mundo por estos cristales pasa” e tamén todo o
latexo do universo transita pola esquina dunha cancha de fútbol sala, e a
grandeza tamén pasa.
A grandeza chámase Hugo e non porque marcase tres goles,
senón porque foi quen de proclamar coa maior beleza a fondura que o fútbol é,
sobre todo, ledicia, que o deporte é grande porque se comparte, porque se
celebra. Hugo é grande como as súas palabras: “é marabilloso clasificarse para
un partido como este”. Que máis dá gañar ou perder se nas bancadas había
felicidade, se non campo había un grupo de seres humanos, ás veces distanciados
polas funcións, e entón irmanados na reivindicación profunda de que o home é
tamén, e de xeito esencial, homo ludens.
Non sei quen marcou máis
goles, creo que o esquecemos todos, pero se non facemos uso do espírito de
Hugo, seremos máis cativos, menos felices e menos humanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario