FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) vén de publicar un libro titulado: O Morrazo. Da man da natureza..., da man da humanidade...". Un texto que pretende poñer en valor a riqueza natural e patrimonial da bisbarra. Reproducimos a continuación as palabras que no acto de presentación pronuciou o coordinador da obra:
"É posible que a mellor presentación dun libro
fose non presentalo, deixalo nalgún lugar para que os camiñantes o abrisen como
algo descoñecido, misterioso, sen manual de instrucións. Presentar, dalgún
xeito, é marcar unha ruta de lectura e nós só pretendemos convidar a camiñar, a
dirección desta andaina xa é unha decisión vosa.
O
outro día escoitaba unha entrevista con Chavela Vargas. O locutor
preguntáballe: “Por que choramos ao escoitar as súas cancións?” “Choramos
porque recordan que aínda somos capaces de sentir”. Oxalá este libro tamén nos
lembre que somos quen de sentir, oxalá sexamos quen de transitar entre o cotiá
e o asombroso cun espírito insubmiso contra a rutina.
A
obra que tedes diante, se me permitides parafrasear a Garbiel Celaya: “no es un
fruto perfecto”, quere ser “como el aire que todos respiramos”, “el canto que
todos llevamos dentro”. Un canto que leve un espírito de resistencia, que como
a canción dos Moddy Blues nos convoque diante do espírito dos “días do futuro
pasado”.
Non
sei se o que vos ofrecemos é un libro ou moitos pequenos libros, non só porque nel
están presentes as pegadas da natureza e da humanidade, non só porque é unha
mestura de imaxes e palabras, senón pola variedade de formas: o verso e a
prosa, pola mestura de distintos narradores (os animais, algúns dos nosos
devanceiros máis salientables, algúns personaxes da literatura máis próxima), pola
heteroxeneidade dos tipos de texto, dende a descrición máis tradicionais a
textos que adquiren o ritmo do paseo, das danzas e mesmo da oración porque
todos caben neste obra.
Fronte
ao individualismo competidor que tanto se estila nestes tempos convén proclamar
que os traballos humanos son máis fecundos cando parten da xenerosidade, canso
se cimentan na colectividade. Esta obra é o resultado da colaboración de moitas
persoas, algunhas delas, citadas nos agradecementos, proporcionaron valiosos
datos, documentación, aclararon dúbidas, resolveron dificultades informáticas,
sen a súa axuda este traballo sería máis pobre, de aí a nosa gratitude para
todos eles.
Se
botades unha ollada aos fotógrafos decatarédevos da cantidade de persoas e
colectivos que nos enriqueceron coas súas imaxes. Podería parecer, e se cadra
en parte o é, que o libro non ía ter unha unidade estilística na imaxe, pero
está o espírito común dunha ollada sensible para á nosa bisbarra. En todo caso
para todos e cada un deles vai o noso agradecemento e os nosos parabéns.
Non
podería nesta presentación omitir o traballo dos correctores lingüísticos
(Lucía, Roca, Quique e Alba), persoas que máis alá da mera revisión do texto,
enriquecen con sutileza, co matiz, coa mellora delicada de calquera impericia.
Eles traen consigo horas de traballo, anos de formación e unha sensibilidade
fonda e inesgotable.
Por
suposto este libro no sería o que é se non fose por Fernando Soliño, o
maquetador, non só polo riqueza do deseño senón pola sensibilidade para ir
incorporando sempre mellorándoas as nosas ideas, se cadra un pouco torpes e
atrevidas, sobre o mesmo.
Nin
que dicir ten que o libro é esencialmente unha obra que obedece ao espírito de
FECIMO. Con todo se nos limitaramos a constatalo parecería que estamos a falar
dunha entidade fría, dun requisito marcado polas elementais normas de cortesía
e iso sería inxusto porque o equipo da Federación, dende o seu presidente Xosé
Bangueses, pasando por María, Ricardo, Eva, Ana (a quen debemos os QR e
algunhas das foto)… e sobre todo Mar que lle dedicou moitas horas, moitas
mensaxes, moitas chamadas telefónicas, para mellorar os textos, as imaxes. Ela
merecería figurar como autora do libro.
Por
último permítanme unhas palabras sobre o equipo redactor. Moitas veces, neste
traballo sentinme como Toshiro Mifume en Os
sete samurais ou como Yul Brynner en O
sete magníficos. Vivimos rodeados dunha realidade hostil, Calvera e os seus
bandidos andan tamén aquí cerca, teñen outros modos e outros rostros pero
rodean a aldea, aínda que sexa a aldea global.
Neruda
viviu tamén nunha época de tribulación, de feito hai quen di que foi a
tribulación quen finalmente o matou. Neruda digo escribiu un conmovedor e
interpelante poema:
“Aquí
dejo arregladas estas cosas
hoy que los pistoleros se pasean
con la cultura occidental en brazos […]
Aquí me quedo
con palabas y pueblos y caminos
que me esperan de nuevo y que golpean
con manos consteladas en mi puerta”
hoy que los pistoleros se pasean
con la cultura occidental en brazos […]
Aquí me quedo
con palabas y pueblos y caminos
que me esperan de nuevo y que golpean
con manos consteladas en mi puerta”
Hoxe,
noutro tempo complicado convén non claudicar na defensa de valores
imprescindibles neste tempo: o respecto pola natureza, a defensa do patrimonio
material e inmaterial, e tamén a proximidade cos que padecen a historia.
Queremos que a nosa sensibilidade sexa un “alivio no seu pensamento”, unha
forma de lembrarlles que ao seu redor hai unha beleza que se nega a renderse
ante a negrura do presente e que se encarna en nostalxia do futuro.
Cando
comecei este traballo pensei que sumaríamos esforzos pero agora sei que os
seres humanos, cando se xuntan, non suman, multiplican, por iso non podo deixar
de marabillarme cando paseo con Sara e Carlos e sintonizan coas pedras ou coas
plantas ou cos animais, cando se funden coa natureza...Sole levounos como se
dunha viaxe en parapente se tratase cos seus versos, as súas verbas teñan a
virtude dos papaventos, déixanse levar para elevarse e crear beleza, ela tan
afeita, como atleta campiona mundial que é, á velocidade nos axuda a
deleitarnos coa pausa e coa delicadeza. Sonia ten a virtude de unir o rigor
científico da enxeñeira que é e a sensibilidade da escritora que leva dentro;
como Pitágoras sabe unir o número e a música e fai danza coas palabras con un
ritmo insubmiso. Roberto ten a virtude de aportar visións diferentes non só
porque xeograficamente nos contempla de fronte, senón porque, dende o seu rigor
histórico, nos achega matices valiosos. Aldao ten a forza dos pioneiros, a súa
traxectoria o converte nun mestre para todos. Cando alguén escriba unha historia
do Morrazo no s.XX deberá recorrer a el, porque Aldao puxo unha primeira ollada
sobre moitos aspectos: os cruceiros, os hórreos, os muíños, o bote polbeiro ou
os acordos consuetudinarios para o reparto das augas de rego...para nós aporta
ademais a impagable riqueza de ter sido testemuña vivinte de moitas das
realidades que nós só podemos ver na distancia.
A
todos vós grazas por todo o que me ensinastes, por todo o que me
multiplicastes, sabedes que tedes o meu respecto, a miña admiración e a miña
amizade.
Remato
xa, gustaríame que estas palabras tivesen sido unha invitación á lectura, a
unha lectura persoal, insubmisa, gozosa e que vos animase a coñecer de forma
máis intensa a nosa bisbarra.
Moitas
grazas a todos."
No hay comentarios:
Publicar un comentario