jueves, 25 de octubre de 2012

SHAKESPEARE FISIOTERAPEUTA




 A Anxo Otero Ruiz quen me pediu que renovase o meu blog
e me agasallou cunha lectura xenerosa.
A todos os protagonistas desta historieta porque son parte do
 mellor que atopei nesta vida.                                                      
As persoas que me acompañaron durante esta convalecencia
porque sentín o seu agarimo.                                                     



         Mystic River
       Moitas veces cometemos o erro de pensar que os acontecementos suceden por azar, que chegan sen que ninguén os chame, pero se observamos con atención podemos decatarnos de que os dados eses do universo cos que disque Deus non xoga estannos a avisar malia que só lle facemos caso ao ruído que fan dentro do cubilete e non aos números que marcan.

        O ollar de Ulises
        Levaba un par de días cunha forte dor de oídos. A min  dóenme os oídos nas épocas de alerxia e aquel era un tempo de outono. “Serán as murmuracións”, pensei por aquilo de darlle unha oportunidade ao pensamento máxico. Pola noite notei que os ollos estaban moi irritados e chorosos e, nin estaba máis deprimido do habitual (aínda non comezara a campaña electoral), nin vira a televisión, nin andara co ordenador, nin lera demasiado, pero xa se sabe que os ollos son órganos mequeiros, amantes da calidez e do sal. Aqueles síntomas non me pareceron nada alarmantes, aínda que o meu subconsciente empezou a murmurar: “Vas vello, Baldomero!”. Éche culpa do Freud, antes co Anxo da Garda todo ía de marabilla, agora co subconsciente, as neuroses non fan máis que medrar.

        Despois da cea empezaron de verdade os problemas, ou polo menos a conciencia dos mesmos. Fun lavar os dentes e ao gargarexar, o demo me leve!, así, de repente un chorro de auga, como se dunha balea se tratase, sae da miña boca. O que me faltaba! De inmediato fun coller o exemplar de Mobby Dick e agochalo baixo sete chaves non fose que a un delirante capitán Ahab ou Acab (os transcritores vacilan) lle dese por confundirme coa balea branca esa. Crédeme, toda precaución é pouca. Estaba claro, pois: a parte dereita da miña cara -xuro que non era unha protesta política-  estaba paralizada.

        Á mañá seguinte fun ao médico. O doutor é un home amable e non debe ser mal galeno pois adoita acertar cos diagnósticos e cos tratamentos. Total: confirmou o intuído, parálise facial. Receitoume uns medicamentos e rehabilitación.

        Volvín ao traballo e a primeira persoa coa que me atopei foi a María. A María é unha moza xeitosa, guapa e sensible, e foi nese momento cando me decatei da gravidade da miña doenza: agora como lle chisco un ollo a esta? Xa se sabe que chiscar un ollo é unha arma poderosa e eu, daquela, andaba inerme polo mundo. Aquí si que a parálise xa me empezou a amolar e cada vez que vía unha nova compañeira e despois outra, todas fremosas e de bom semelhar, o meu enfado ía en aumento.

        Quo vadis?
        O médico advertiume de que os tres primeiros días, malia á medicación a miña cara ía declinar, e como son disciplinado declinei. Na clase de latín: primeira declinación. Perdoe señor doutor que non dese a segunda e a terceira pero nin polas prescricións facultativas rompo os tempos da programación didáctica. A segunda e a terceira quedan para máis adiante. Pero declinar, o que se di declinar, declinei e certamente a miña cara tamén declinou.


        A Carmen e A Chus convidáronme a dar un paseo, pero a fotofobia (empezo a pensar que inducida por algunha lectora de Bram Stoker) era terrorífica. Alá me vedes a min, lentes de sol, as mans sobre os ollos e todo o camiño mirando para o chan e orientándome polos pés alleos. Declinación cervical debía ser iso. Como todas estas andainas acaban sempre nun café, alá fomos e, como xa podedes sospeitar, tiven que pedir unha palliña para beber e evitar así salabardear a mesa e as miñas colegas. O Alberto diríame días máis tarde, coa complicidade da María Xosé, que el se tiña por excéntrico pero despois diso nada de nada e hai quen rematou o conto afirmando que na súa vida vira nada tan “pijo”. Xa se sabe que “Ademais de burro (ou cornudo segundo outras fontes), apaleado”.

        Lost in translation
     O Quique Harguindey, ademais dun bo amigo, éche un home da cultura: tradutor, gramático, folklorista… Total que os da Asociación Galega de Tradutores decidiron galardoalo co seu premio anual, un xusto de recoñecemento a unha labor extraordinaria e fortalecedora dunha lingua que ama dende todos os poros da súa pel. O caso é que, insensato el, pedirame que dixese unhas palabras no acto de entrega. Chegado o día as luces eran unha ameaza pantasma e un empezaba a ter a pinta da criatura de Frankenstein. É certo que o doutor me recomendara volverme máis da confraría de John Silver e poñer un parche no ollo pero non me dei afeito. Se cadra se o home soubese das miñas afeccións cinéfilas e me falase de John Ford, Raoul Walsh ou Nicholas Ray, cos seus parches nos ollos, pois case me tería convencido, somos así de caprichosos os pacientes, sobre todo os impacientes. Sempre hai que adiviñar a táctica para convencernos.

         O asunto do parche pirata tivo tamén a súa repercusión porque a Isabel estaba empeñada en que mo puxese e me fixese unha foto desa guisa e ata aí chegarían as bromas. Non pensedes, por un momento imaxineime subido na dorna do Morales cun parche no ollo e mesmo tiven a tentación de pintarmo co photoshop ese, incluso pensei en pedirlle emprestado aos meus irmáns un disfrace de Entroido e recuperar aquel loro que tiveramos pola casa e entoaba a canción de A ponte sobre o río Kwai, pero dixen: “Non, non que a Isabel non se asusta nin coas reformas legais do Gallardón e a ver que fai coas imaxes”.

         Estoume desviando. Nese estado tiven que chamar ao Quique para dicirlle que para a súa fortuna e a dos asistentes ao acto non podería acudir. O curioso foi que o xornal me citou entre os presentes, de modo que nos días seguintes todos me preguntaban que tal fora o evento. Sonche cousas da liberdade de prensa.

         A vida secreta das palabras
        Eu xa oíra falar destas cousas pero un nunca lles fai caso. Hai unha década máis ou menos lera un artigo do Manuel Rivas en El País Semanal titulado: “Poesía terapia”. O texto daba conta da importancia da poesía na curación ou paliativo das enfermidades mentais. Francamente, parecéronme andrómenas de poetas, empeñados en pasar do desprezo máis absoluto por calquera pragmatismo a defender a utilidade da súa arte para todo. Tamén lera en internet un artigo que comentaba un estudo dunha universidade americana demostrando as bondades da lectura para o coidado do cute. Un artigo perturbador, polo menos a min perturboume unha clase: tiña, daquela, unha alumna moi rabuda (prefería ser agredida a que lle recitasen uns versos), odiaba ler, de modo que, xa farto da súa impertinencia, díxenlle que lese, que era bo para o cute. Iracunda contestoume que era un machista como se os homes non tivesen cute e non usasen produtos cosméticos. De modo que tiven que explicarlle o do artigo e mesmo llo tiven que levar ao día seguinte para que me crese… De modo que xa sabía algo do asunto pero unha cousa é que cho conten e outra que che pase.

         Xa vos dixen que o meu médico é un home amable e certeiro, o que non vos comentei –iso ía ser o peor– foi a fisioterapia que me recomendou.

        –“Cando falamos non prestamos atención. Ti xa me entendes, (engadiu para evitar suspicacias) pois agora tes que prestar atención a como vocalizas, facer acenos, mesmo diante do espello”. Foi dicilo e empezar a invadir a miña mente as imaxes de Tön, Uqbar, Orbis Tertius, o planeta que Borges coñecera a través do espello, de Alicia transformada en raíña malencarada (eu sonche republicano) e dos espellos valleinclanescos. Xa me sentía atemorizado, nin sequera os stendhalianos me acougaban así que  me dixen a min mesmo: “Por aí non paso”. O doutor alleo ao meu pensamento continuou: “ E, sobre todo, le en voz alta”.

        “Malo raio me parta! -pensei eu- Esta si que che é boa, vou pensar que as teorías conspiranoicas do Roberto son certas”. O Chema é un bo amigo, unha boa persoa pero é inspector e isto supón un dilema no asunto que trato. No verán agasalloume cunha estupenda versión galega dos sonetos de Shakespeare, realizada por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Daquela agradecinllo moito pero agora comezo a pensar que había unha conspiración astral e que ese regalo xa estaba pensado como terapia. Porque, non crean, eu de ter fisioterapeuta, tería a Shakespeare. Se cadra a Estrella non lle gusta que lle aumente a competencia á súa filla pero eu sonche así.

        En resumo: asesorado polo meu médico, habilitado pola inspección e inspirado por Aristóteles, aí me teñen vostedes de peripatético, máis patético que peri. Así que collín os sonetos do Shakespeare na man esquerda e un pano na man dereita para tapar o ollo. Foi difícil adiviñar as letras cun ollo tapado e o outro fotofóbico, pero nada comparable a afacerse a colocar un pé diante do outro de xeito harmonioso e sen confundir o dereito co esquerdo tendo un brazo estendido e outro encollido. Ten o seu arte, non crean, senón proben, proben e xa verán. Así que corredor arriba e corredor abaixo... (Creo que vou mal por aquí, xa estou escoitando ao Aldao dicíndome que se teño inclinada a casa, que debería dicir corredor leste-oeste, corredor oeste-leste. Hai xente feliz coas precisións, con todo voume manter firme nas convicións) Corredor arriba, corredor abaixo,insisto, le que te le en voz alta os sonetos do Shakespeare.

               “Cando vexo nos libros que narran o pasado       
                as descricións de tantos fermosos persoeiros, 
                e a beleza ornando os cánticos de antano,        
                en loor de damas mortas e amantes cabaleiros;             

    daquela, no encomio das grazas xenuínas,        
                da man, do pé, dos labios, dos ollos ou da testa,            
                vexo que aquelas plumas antigas pretendían   
                cantar esa beleza que en ti se manifesta.           

                Así que aquelas loas só eran profecías 
                do noso tempo e todas estaban a anunciarte, 
                mais, como só con ollos de adiviño vían,             
                faltáballes máis xenio para poder cantarte;       

    e nós, ao contemplarte nestes presentes días,               
                ollos de asombro temos, mais non apoloxías.”

                Seguro que os meus veciños andaban na procura do número de teléfono do psiquiátrico, polo que puidese ocorrer, mais eu linos todos, todiños, un a un, mesmo intentei ler algún no orixinal inglés (máis que nada por compracer ao Núñez) pero son un desastre, xa o dicían polo instituto que andaba a practicar castelán coa americana. Iso si, o Chema pode presumir aquí e acolá de entregar instrumentos recuperadores ao profesorado.

                Agora ben, o doutor é un irresponsable. Non se dá conta de que se abre a caixa de Pandora e non hai forma de pechala? Non se decata, o pobre do home, do perigoso que é demostrar que a lectura sirve para algo? Non se lle pasaría pola cabeza que o dos efectos cosméticos ten un pase pero o da fisioterapia xa é por demais?

                Ah! Pero, e a miña vaidade, señores? Xa lles gustaría ter un fisioterapeuta como o meu: o mesmiño William Shakespeare, versión sonetos. Tranquilos que como isto aínda non rematou, seguro que lle boto unha chanchada ao monólogo de Hamlet.  A O rei Lear non, pois igual esta é unha historia contada por un tolo mais non ten nin ruído nin furia.

                A forza do cariño
                As persoas en xeral son cariñosas, móstranse solidarias cos doentes, agora ben, existe o sector hipocondríaco. Quizás non son hipocondríacos, se cadra son cinéfilos atentos. Despois de contemplar Manhattan un sempre ten a tentación de confundir unha dor de cabeza cun tumor cerebral. Iso deriva en que te aconsellen visitar o neurólogo, o cardiólogo ou outros especialistas máis terribles. Son boa xente, de bo corazón e sempre lles parece que a túa confianza é temeraria. Teño que recoñecer que seguro estarían máis tranquilos se soubesen que tiña de terapeuta o bardo de Stratford-upon-Avon.
                Éche ben certo, a can vello todas son pulgas. A Sonia, ademais de escribir como os anxos e de ter –como dicimos por aquí con admiración– unha cabeza que Deus lla conserve pero non lla aumente, é unha moza cariñosa, así que veume visitar pola noitiña. Preparei unha cea frugal a base de tortilla cociñada á fotosensibilidade, é dicir, case ás escuras, e algo de friame que tiña pola despensa. Cea modesta se ben se mira. “Xa non hai homes”, díxome. Non llo tomei a mal porque non se refería a min. Rematado o refrixerio e aproveitando que xa era de noite pechada fomos dar un pequeno paseo pola vila e mira ti por onde a Sonia tiña razón: xa non hai homes. Sacas un ghichiño da casa menos de vinte minutos e acaba cun arrefriado. Desa maneira cambiei a grata compaña da Sonia pola íntima relación cos antibióticos; definitivamente, ou as do ducado de Espiñeira provocan maleficios ou, de verdade, xa non hai homes.

                O paciente inglés
A Marisú é unha muller intelixente e moi competente no seu traballo (é enfermeira); ten a manía do pesimismo pero cada un é como é. Unha tarde envioume unha mensaxe preguntándome se estaba a ler Tiempo de silencio ou a escoitar “Sound of silence” porque había días que non lle falaba. Daquela conteille os meus males e tratamentos e empezou a falarme da vitamina B. -“Non che deron vitamina B?”. – “Non, mandáronme a Shakesperare”. Pero ela erre que erre coa vitamina B, parecía non ter outras palabras na boca.

                Como a dor de oídos non cedía (estou seguro de que é cousa do vodú, xa estou certo, son os bonecos eses que fan os rapaces presuntamente para o Samaín), o facultativo remitiume, como se fose unha carta ou un paquete postal, ao otorrino. O especialista fíxome probas, audiometrías, tac, etc pero chegou á mesma conclusión que o seu colega. Mantivo o tratamento e mandoume tomar a vitamina B, de modo que xa non podo dicir por aí que preciso vitamina bicos, porque xa me deu pastillas. Mira ti, dous médicos para chegar à mesma conclusión ca Marisú. Agora ando supervitaminado e supermineralizado como nos debuxos animados e a Marisú envíame os bicos por sms.

                Receitoume tamén un analxésico. Chámanlle Dolpar 300. Segundo di o prospecto é un opiáceo. Debería terse chamado dopar 4.0. O 4.0 é polo da modernidade informática e porque a min deixoume catro días máis durmido que esperto. Non me importaron demasiado os vómitos, nin a perda de equilibrio nin nada diso. O peor foi o derrubamento dos mitos. Tanta literatura, tanto cine, tantos relatos persoais falando das ensoñacións dos estupefacientes, que un espera unha viaxe astral (cando menos austral),  un delirio buñueliano, unha escapada ao país do Marqués de Sade ou sabe Deus a que illa remota de pecados inconfesables. Nada, nadiña de nada, o tedio máis absoluto. Hai que elevar unha protesta contra esta clase de medicamentos: pase que a dose sexa alta de máis pero a calidade das alucinacións ten que estar á altura do prestixio das mesmas, o demais é inadmisible. Que vai pensar de min a exalumna que me vendeu as pastillas na farmacia? Para que perdín o tempo vendo Érase una vez América ou lendo Cuando fuimos huérfanos? Poden vostedes señores das grandes empresas farmacéuticas explicarme como poden provocar semellante desilusión?  Cando pensan devolverme as alucinacións pertinentes? Debería demandalos por danos e prexuízos: como vou esperar agora algún soporte imaxinativo extra? Como recompoño a miña mitoloxía? Sequera con Shakespeare a cousa soaba de marabilla.

                Abre os ollos
                Agora estou a contemplar o mar dende a miña ventá, a fotofobia marchou con algún personaxe de Murnau, a dor de oído persiste, pero xa dixen que era cousa do vodú e das lerias. Ademais é posible que a vitamina B acabe con ela, aínda que me atrevería a xurar que cun bico na periferia dos pavillóns auditivos curaríaa mellor. Beber xa non bebo con palliña e, como Alvy Singer (o personaxe de Woody Allen en Annie Hall), “Non preciso alucinóxenos para excitarme”.
                 Pero é o ollo? Que pasa co ollo?
                Pois que sigo –isto si que é tráxico– sen poder chiscalo malia a poderosa axuda de Shakespeare.
               

sábado, 21 de julio de 2012

O Morrazo. Da man da natureza...da man da humanidade...


                                         
                         FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) vén de publicar un libro titulado: O Morrazo. Da man da natureza..., da man da humanidade...". Un texto que pretende poñer en valor a riqueza natural e patrimonial da bisbarra. Reproducimos a continuación as palabras que no acto de presentación pronuciou o coordinador da obra:

                      "É posible que a mellor presentación dun libro fose non presentalo, deixalo nalgún lugar para que os camiñantes o abrisen como algo descoñecido, misterioso, sen manual de instrucións. Presentar, dalgún xeito, é marcar unha ruta de lectura e nós só pretendemos convidar a camiñar, a dirección desta andaina xa é unha decisión vosa.

                O outro día escoitaba unha entrevista con Chavela Vargas. O locutor preguntáballe: “Por que choramos ao escoitar as súas cancións?” “Choramos porque recordan que aínda somos capaces de sentir”. Oxalá este libro tamén nos lembre que somos quen de sentir, oxalá sexamos quen de transitar entre o cotiá e o asombroso cun espírito insubmiso contra a rutina.

                A obra que tedes diante, se me permitides parafrasear a Garbiel Celaya: “no es un fruto perfecto”, quere ser “como el aire que todos respiramos”, “el canto que todos llevamos dentro”. Un canto que leve un espírito de resistencia, que como a canción dos Moddy Blues nos convoque diante do espírito dos “días do futuro pasado”.

                Non sei se o que vos ofrecemos é un libro ou moitos pequenos libros, non só porque nel están presentes as pegadas da natureza e da humanidade, non só porque é unha mestura de imaxes e palabras, senón pola variedade de formas: o verso e a prosa, pola mestura de distintos narradores (os animais, algúns dos nosos devanceiros máis salientables, algúns personaxes da literatura máis próxima), pola heteroxeneidade dos tipos de texto, dende a descrición máis tradicionais a textos que adquiren o ritmo do paseo, das danzas e mesmo da oración porque todos caben neste obra.

                Fronte ao individualismo competidor que tanto se estila nestes tempos convén proclamar que os traballos humanos son máis fecundos cando parten da xenerosidade, canso se cimentan na colectividade. Esta obra é o resultado da colaboración de moitas persoas, algunhas delas, citadas nos agradecementos, proporcionaron valiosos datos, documentación, aclararon dúbidas, resolveron dificultades informáticas, sen a súa axuda este traballo sería máis pobre, de aí a nosa gratitude para todos eles.

                Se botades unha ollada aos fotógrafos decatarédevos da cantidade de persoas e colectivos que nos enriqueceron coas súas imaxes. Podería parecer, e se cadra en parte o é, que o libro non ía ter unha unidade estilística na imaxe, pero está o espírito común dunha ollada sensible para á nosa bisbarra. En todo caso para todos e cada un deles vai o noso agradecemento e os nosos parabéns.

                Non podería nesta presentación omitir o traballo dos correctores lingüísticos (Lucía, Roca, Quique e Alba), persoas que máis alá da mera revisión do texto, enriquecen con sutileza, co matiz, coa mellora delicada de calquera impericia. Eles traen consigo horas de traballo, anos de formación e unha sensibilidade fonda e inesgotable.

                Por suposto este libro no sería o que é se non fose por Fernando Soliño, o maquetador, non só polo riqueza do deseño senón pola sensibilidade para ir incorporando sempre mellorándoas as nosas ideas, se cadra un pouco torpes e atrevidas, sobre o mesmo.

                Nin que dicir ten que o libro é esencialmente unha obra que obedece ao espírito de FECIMO. Con todo se nos limitaramos a constatalo parecería que estamos a falar dunha entidade fría, dun requisito marcado polas elementais normas de cortesía e iso sería inxusto porque o equipo da Federación, dende o seu presidente Xosé Bangueses, pasando por María, Ricardo, Eva, Ana (a quen debemos os QR e algunhas das foto)… e sobre todo Mar que lle dedicou moitas horas, moitas mensaxes, moitas chamadas telefónicas, para mellorar os textos, as imaxes. Ela merecería figurar como autora do libro.
               
                Por último permítanme unhas palabras sobre o equipo redactor. Moitas veces, neste traballo sentinme como Toshiro Mifume en Os sete samurais ou como Yul Brynner en O sete magníficos. Vivimos rodeados dunha realidade hostil, Calvera e os seus bandidos andan tamén aquí cerca, teñen outros modos e outros rostros pero rodean a aldea, aínda que sexa a aldea global.

                Neruda viviu tamén nunha época de tribulación, de feito hai quen di que foi a tribulación quen finalmente o matou. Neruda digo escribiu un conmovedor e interpelante poema:

                “Aquí dejo arregladas estas cosas          
hoy que los pistoleros se pasean            
con la cultura occidental en brazos […] 
Aquí me quedo               
con palabas y pueblos y caminos            
que me esperan de nuevo y que golpean          
con manos consteladas en mi puerta”

                Hoxe, noutro tempo complicado convén non claudicar na defensa de valores imprescindibles neste tempo: o respecto pola natureza, a defensa do patrimonio material e inmaterial, e tamén a proximidade cos que padecen a historia. Queremos que a nosa sensibilidade sexa un “alivio no seu pensamento”, unha forma de lembrarlles que ao seu redor hai unha beleza que se nega a renderse ante a negrura do presente e que se encarna en nostalxia do futuro.

                Cando comecei este traballo pensei que sumaríamos esforzos pero agora sei que os seres humanos, cando se xuntan, non suman, multiplican, por iso non podo deixar de marabillarme cando paseo con Sara e Carlos e sintonizan coas pedras ou coas plantas ou cos animais, cando se funden coa natureza...Sole levounos como se dunha viaxe en parapente se tratase cos seus versos, as súas verbas teñan a virtude dos papaventos, déixanse levar para elevarse e crear beleza, ela tan afeita, como atleta campiona mundial que é, á velocidade nos axuda a deleitarnos coa pausa e coa delicadeza. Sonia ten a virtude de unir o rigor científico da enxeñeira que é e a sensibilidade da escritora que leva dentro; como Pitágoras sabe unir o número e a música e fai danza coas palabras con un ritmo insubmiso. Roberto ten a virtude de aportar visións diferentes non só porque xeograficamente nos contempla de fronte, senón porque, dende o seu rigor histórico, nos achega matices valiosos. Aldao ten a forza dos pioneiros, a súa traxectoria o converte nun mestre para todos. Cando alguén escriba unha historia do Morrazo no s.XX deberá recorrer a el, porque Aldao puxo unha primeira ollada sobre moitos aspectos: os cruceiros, os hórreos, os muíños, o bote polbeiro ou os acordos consuetudinarios para o reparto das augas de rego...para nós aporta ademais a impagable riqueza de ter sido testemuña vivinte de moitas das realidades que nós só podemos ver na distancia.

                A todos vós grazas por todo o que me ensinastes, por todo o que me multiplicastes, sabedes que tedes o meu respecto, a miña admiración e a miña amizade.

                Remato xa, gustaríame que estas palabras tivesen sido unha invitación á lectura, a unha lectura persoal, insubmisa, gozosa e que vos animase a coñecer de forma máis intensa a nosa bisbarra.

                Moitas grazas a todos."

martes, 17 de abril de 2012

XXV ANIVERSARIO DO CLUB XADREZ BUEU


                Fronte á caducidade da vida, se cadra, hai que manter a vixencia dos misterios. En cada segundo, en cada hora, en cada día... caben infinitas vivencias, millóns de emocións, centos de nacementos. Sucede que case sempre este caudal desaparece na memoria efémera, pero non por iso menos fértil, dun ser humano, da persoa que o transforma en latexo vital. Hai ocasións en que a semente dun día dura case eternidades.

                O 18 de abril de 1506, o papa Xulio II coloca a primeira pedra do que habería de ser a Basílica de San Pedro, na cidade do Vaticano. Dende entón, peza a peza foise erguendo a través do talento dos seus deseñadores e do traballo, humilde e anónimo pero non por iso menos importante, dos obreiros; foise levantando como un berce de marabillas pictóricas e escultóricas.

                Moitos anos despois, tamén un 18 de abril, o Club Xadrez Bueu, disputou a súa primeira partida. Foi na vila de Caldas de Reis e tivo como protagonistas a José Gestido Villanueva, Antonio Anadón Máñez, Fernando Recamán, José Manuel Portela Pazos e un servidor. Naquelas datas, voces moi autorizadas advertíannos que, se chegásemos a durar dez anos, sería un verdadeiro milagre. Hoxe celebramos un cuarto de século coa esperanza de durar un pouco máis.

                As estatísticas certamente empobrecen a realidade e, por máis que a cuantifiquen, non a explican. Con todo non podo resistirme a colocar aquí os resultados máis salientables desta nosa pequena historia:

Campionatos:
Torneo San Roque de Vilagarcía                                              1987
Primeira División Galega                                                            1994
3ª División Galega (Equipo B)                                                   1994
Torneo das Letras Galegas                                                          1994
Mellor Clube de Bueu                                                                  1994
Torneo Reis de Moaña                                                                 1995
Copa Breogán                                                                                  1995
Segunda División Galega (Equipo B)                                      1997
Primeira División Galega                                                            1998
Segunda División Galega (Equipo B)                                      2000
Terceira División Galega (Equipo C)                                       2000
Primeira División Galega                                                            2003
2º División (Equipo B)                                                                  2005


Subcampionatos:
3ª División (Equipo B)                                                                   1991
1ª División                                                                                         1993
1ª División                                                                                         1997
1ª División                                                                                         2001
2ª División (Equipo B)                                                                   2002
2ª División (Equipo B)                                                                   2003
3ª División (EquipoC)                                                                    2003
1º División                                                                                         2009
                 
          Cada un dos case cinco centenares de xogadores federados, cada un dos máis de mil rapaces da escola de xadrez deixaron unha pegada fonda pero é imposible recollelos a todos aquí, por iso, aínda a forza de ser inxusto, colocarei aquí dez nomes como representación de todos.

ABELLEIRA, Daniel:

Campión zonal xuvenil da zona de Vigo en 1987, é un estudoso do xadrez, a súa comprensión estratéxica é moi fonda e domina como poucos a difícil arte do contraataque. Vexamos unha primorosa vitoria diante de Fernández Saavedra, cun magnífico sacrificio de dama.


Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. Nf3 Nf6 2. b3 d6 3. e3 e5 4. d4 Nbd7 5. Bb2 e4 6. Nfd2 d5 7. c4 c6 8. Nc3 a6 9. Be2 Bd6 10. Qc2 b5 11. cxd5 cxd5 12. Nxd5 Bb7 13. Nxe4 Nxe4 14. Qxe4+ Kf8 15. Qf5 g6 16. Qf3 Bb4+ 17. Nxb4 Bxf3 18. Bxf3 Rc8 19. O-O Qb6 20. d5 f6 21. Nc6 Kf7 22. Bd4 Qc7 23. a4 Ra8 24. Rfc1 Qd6 25. Rc2 Rhc8 26. g3 h5 27. b4 Kg7 28. Rca2 bxa4 29. Rxa4 Ne5 30. Bg2 Nxc6 31. dxc6 Rab8 32. Bc5 Qd2 33. Rxa6 Rxb4 34. Bxb4 Qxb4 35. Ra7+ Kh6 36. h4 g5 37. hxg5+ fxg5 38. Rb7 Qc5 39. Raa7 Qc1+ 40. Kh2 Qe1 41. Rh7+ Kg6 42. Be4+ Kf6 43. Rh6+ Ke5 44. Re7# 1-0
                 
                ANADÓN MÁÑEZ, Antonio:

Socio fundador, o seu alcume é “a táboa de salvación” porque en moitos momentos delicados consegue puntos para os seu equipo.  Destaca polo seu xogo posicional, pola comprensión estratéxica. Vexamos a súa partida fronte a Rodríguez
               

Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. d4 d5 2. c4 e6 3. Nc3 Nf6 4. Bg5 Be7 5. Nf3 Nc6 6. e3 O-O 7. Bd3 h6 8. Bh4 Bb4 9. O-O Bxc3 10. bxc3 Re8 11. Ne5 dxc4 12. Nxc6 bxc6 13. Bxc4 e5 14. Qb3 Be6 15. Bxe6 Rxe6 16. Rab1 Qd6 17. Bg3 Qd5 18. Qxd5 cxd5 19. Bxe5 Ne4 20. Rfc1 c6 21. Rb2 f6 22. Bc7 Ree8 23. c4 Rec8 24. Bg3 dxc4 25. Rxc4 Nxg3 26. hxg3 a5 27. Rbc2 Ra6 28. d5 Kf7 29. Rxc6 Raxc6 30. Rxc6 Rd8 31. Rc5 a4 32. e4 Ke7 33. Ra5 Kd6 34. Rxa4 Ke5 35. f3 g6 36. Ra7 f5 37. Re7+ Kf6 38. Re6+ Kg5 39. f4+ Kh5 40. d6 fxe4 41. Re5+ Kg4 1-0

                COSTADO DIOS, Luís:

                É opinión unánime que Luís Costado é un artista, un xogador deslumbrante e imaxinativo. Detrás da súa mente de enxeñeiro está o enxeño mesmo pero tamén a maxia que fai do xadrez unha arte. No seu historial se inclúen o campionato ex-aequo no torneo Galaecia de Ourense, o da Zona Peatonal, o do Bar Manos de O Grove, o do Torneo Caramuxo, ou exaequo o do Torneo Zonal-Provincial. Os seus sacrificios posicionais son inesquecibles como as súas vitorias diante de Spassov (un dos poucos grandes mestres que venceu a Karpov nas súas mellores horas), de Estremera, de Pérez Negro... Vexamos unha mostra desta arte, como vence a Spassov
               

Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
Dentro dos torneos do circuíto galego de xadrez, o internacional de Marin é un dos máis prestixiosos polo nivel dos xogadores extranxeiros que participan nel. No ano 2002 presentouse una lexión de xogadores de países do leste como Rumanía, Rusia, Croacia e, por suposto, Bulgaria. Precisamente búlgaro é o conductor das negras: Ljuben Spassov grande mestre altamente recoñecido en todo o orbe, adestrador de xóvenes promesas no seu país, gañador de numerosos torneos e entre as victorias máis representativas é dos poucos xogadores que pode presumir de ter derrotado ó mesmísimo Anatoli Karpov (campión mundial entre 1975 e 1985). O que non sabía Spassov é que neste torneo tería que se enfrontar a un dos membros de noso club: Luis Costado buenense de adopción e xogador agresivo onde os haxa. 1. e4 c5 2. Nc3 Nc6 ( O destino fixo que ámbolos dous xogadores repetiran enfrontamiento ó ano seguinte. Esta vez o Grande Mestre Búlgaro desvíase da partida anterior. Casualidade ou aínda tiña frescas as feridas? 2... a6 3. f4 e6 4. Nf3 Nc6 5. g3 f6 Un esquema pouco coñecido e moi de moda neses últimos anos. 6. d3 Nh6 7. Bg2 Be7 8. O-O O-O 9. f5 As brancas gañan algo de espacio no flanco de rei aproveitando a posición do cabalo negro en h6. ( 9. Be3 f5 10. e5 b6 = ) 9... Nf7 10. Nh4 Nce5 11. Ne2 Deste xeito o cabalo trasládase ó flanco de rei e facilita o avance dos peóns centrais. 11... Qe8! con esta e a seguinte xogada detense o ataque branco 12. c3 g5! 13. Nf3 Nxf3+ 14. Bxf3 Ne5 15. Bg2 Kh8 16. d4 Nf7 17. Be3 d6 18. Qd3 Rb8 19. Rad1 b5 20. g4 e5 21. d5 tras unhas pequenas escaramuzas o branco opta por pechar o centro, confiando en poder aproveitar a mala colocación do cabalo negro de f7 21... c4 22. Qd2 Bd8 23. b4 cxb3 ( 23... Bb6 24. Bxb6 Rxb6 25. Qe3 Rb8 26. Ng3 +/- Trasladando o cabalo a h5 e combinando esa presión co ataque mediante a4, Ta1, Ta3, Tfa1 no flanco de dama. ) 24. axb3 Bb6 25. Bxb6 Rxb6 26. b4 Rb7 27. Ra1 Rc7 28. Rfc1 Nh6 29. h3 Ng8 30. Ng3 Bb7 31. Bf1 Qc8 32. Rc2 Rff7 As brancas teñen maior liberdade de movementos e a súa posición é máis sana. 33. c4? Este erro desaproveita todo o bo traballo realizado ata o momento. A escaseza de tempo para o control provoca este tipo de erros de precipitación. ( 33. Ra3 Rf8 34. Qc1 Qb8 35. Nh5 Rfc8 36. Kh2 +/- ) 33... bxc4 34. Rac1 Qb8 35. Rxc4 Rxc4 36. Rxc4 Rc7 37. Qc3 Qa7+ 38. Kg2 Rxc4 39. Bxc4 Qb6 40. Nh5 1/2-1/2 Costado,L-Spassov,L/Padron 2003/[R5] . Con esta xogada pásase o control e as brancas seguen dispondo de vantaxe. Paradoxicamente son as brancas as que se conforman co empate (táboas diante dun Grande Mestre son premio dabondo)] ) 3. f4 O xogador do Club Xadrez Bueu elixe o Grande Prix. Unha variante agresiva na que se soen producir ataques directos cara o enroque negro. 3...  g6 Outras xogadas posibles son e6 e a6 4. Nf3 Bg7 5. Bb5 A continuación principal é Bc4, pero as brancas elixen outra posibilidade máis estratéxica pero non por iso exenta de veleno 5...  Nd4 6. Nxd4 Outra opción é 6.Ac4 6...  cxd4 7. Ne2 Agora as brancas xogarán contra o peón de d4. 7...  Qb6 8. Bd3 Aparentemente as brancas colocaron o seu bispo nunha posición comprometida dificultando o desenvolvemento. Agora ben, esta partida demotra a corrección desta idea. 8...  d6 9. O-O e6 10. Qe1 Ne7 11. Qf2 O-O 12. b3 f5 13. exf5 gxf5?! Esta xogada é, cando menos dubidosa, porque con ela se libera a casiña h5 para as brancas e non se permite presionar sobre la columna f. ( 13... Nxf5! 14. Bb2 Bd7 15. Rae1 Rae8 ) 14. Bb2 Nc6 15. a4! Bd7 ( 15... a5 non vale por 16. Bb5 Bd7 17. Bxc6 Bxc6 18. Bxd4 +- ) 16. a5 Qc5 ( 16... Nxa5 17. Bxd4 Bxd4 18. Qxd4 +/- con mellor final ) 17. Ng3! É agora cando se demostra que a debilidade en h5 halle pasar factura ó negro. 17...  Be8 É preciso descolocar este bispo para evitar Ch5. ( 17... Nxa5 18. Nh5 Bh8 19. Qh4 Nc6 20. Ba3 Nb4 21. g4 Rf7 22. gxf5 exf5 23. Bxb4 Qxb4 24. Rxa7 Re8 25. Qf2! +/- ) 18. Rfe1 Bf7 19. Ra4 De repente descúbrese a verdadeira razón para descolocar o bispo negro. As brancas retoman o motivo estratéxico de toda a partida: presionar sobre el peón débil "d4". 19...  Nb4 20. Bc4! ( 20. Ba3? Nxd3 21. cxd3 Qd5 = ) 20...  b5 21. axb6 Qxb6?! ( 21... axb6 22. Bxe6 Bxe6 23. Rxe6 Rxa4 24. bxa4 Nxc2 25. Nh5 +- ) 22. c3 Nc6 23. b4 e5 24. Bf1 Evitar o cambio de bispos é o máis lóxico. Mentras o bispo branco sostén o avance dos peons do flanco de dama, o negro supón un estorbo para a súas propias pezas. 24...  Bg6 Finalmente o "ditoso" bispo convértese nun "peon gordo". Spassov debe estar maldicindo a súa xogada 13...,gxf5. 25. Ra6 A secuencia forzada que xurde deixa ás brancas con vantaxe decisiva. 25...  Qb7 26. b5 exf4 27. Rxc6 fxg3 28. Qxg3 f4 29. Qg5 Rae8 ( 29... Rf5 30. Qe7 Qxe7 31. Rxe7 +- ) 30. Rxe8 Bxe8 31. Qd5+ Kh8 32. Rxd6 Qc7 33. c4! Malia que as pezas van desaparecendo o motivo estratéxico segue vivo: !O PEON DÉBIL EN d4! 33...  Rf5 34. Qxf5 Qxd6 35. Qd5 Qxd5 Non lle queda máis remedio ( Por exemplo 35... Qf6 36. c5 Bf7 37. Qa8+ Bg8 38. Bc4 Bf8 39. Qxf8 Qxf8 40. Bxd4+ Qg7 41. Bxg7+ Kxg7 42. Bxg8 Kxg8 43. c6 +- ) 36. cxd5 Be5 Parece que ó Grande Mestre lle doe perder cun afeccionado. O lóxico era abandonar, pero Spassov tenta aproveitar os nervios dos apuros de tiempo. O que non sabe o búlgaro é que o noso compañeiro está acostumado a que lle escasee o tempo e un minuto para cuatro xogadas é tempo de máis. 37. Kf2 Kg7 38. Kf3 Kf6 39. Ba3 Bc7 40. d6 Bb8 41. Kxf4 Ke6 42. Bc4+ Kd7 43. Ke5 Finalmente o búlgaro rendeuse á evidencia. Esta partida supuxo a primeira victoria dun xogador do club Xadrez Bueu sobre un Grande Mestre 1-0

                GESTIDO VILLANUEVA, José:

Foi o primeiro presidente do club. É un xogador de estilo universal pois domina a arte da defensa ao mesmo nivel co ataque, o xogo posicional e o táctico. Entre os seus logros destacan, os terceiros postos no zonal absoluto e de semerápidas, as táboas co Grande Mestre e exseleccionador da URSS, Alexei Suetín, nunhas simultáneas en Caldas de Reis ou as súas táboas co Mestre Intenrnacional Rivera no Torneo Peregrina de Pontevedra.  Como exemplo do seu nivel mostramos a súa partida diante do malogrado Dios, cun dobre sacrificio (inmortal) de torre na que convén observar as sutilezas táctica como a intercepción do bispo.

Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. d4 Nf6 2. c4 e5 3. dxe5 Ng4 4. Nf3 Bc5 5. e3 Nc6 6. Nc3 Ngxe5 7. Nxe5 Nxe5 8. Be2 O-O 9. O-O Re8 10. b3 a5 11. Bb2 Ra6 12. Ne4 Bf8 13. Nd2 Rh6 14. Bxe5 Rxe5 15. Nf3 Reh5 16. Qd4 c5 17. Qf4 Bd6 18. Qe4 Rxh2 19. Nxh2 Bxh2+ 20. Kh1 Bf4+ 21. Kg1 Rh1+ 22. Kxh1 Qh4+ 23. Kg1 Qh2# 0-1

                LEMOS VIZCAYA, Tomás:
               
              Actual presidente do club, foi campión zonal xuvenil en Santiago na súa época estudiantil. O mellor do seu xogo é a comprensión posicional, a corrección e a elegancia coa que xoga. Sirva a súa partida contra Paredes, no Torneo Internacional Virxe Peregrina, como mostra.

Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. e4 c5 2. Nf3 Nc6 3. d3 e6 4. g3 b6?! parece demasiado pasiva, mellor sería buscar a expansión na ala de dama 5. Bg2 Bb7 6. O-O Nge7 7. Re1 g6?! debilita moito as casiñas negras 8. e5 Qc7 9. Nc3 a6 10. Bf4 ( Debín xogar a moito mellor 10. Ne4 . Comr é inviable polo xaque en f6, polo tanto 10... O-O-O 11. Nd6+ e logo 12.Cf7+ gañando a calidade, etc ) 10...  Nd5? 11. Nxd5 exd5 12. e6 Bd6 única ( 12... d6 13. exf7+ Kxf7 13...Rd7 ou 13...Rd8 leva ao mate con Ah3 e Te8 14. Ng5+ gañando a dama nas próximas xogadas ) 13. exf7+ Kxf7 14. Bh6! penso que é unha das mellores xogadas que fixen na miña vida, pese a que coa seguinte vou pechar o bispo na banda. Reviste o ataque dunha maior intensidade, creando unha rede de mate e reducindo as opcións defensivas das negras 14...  Ne7 15. Ng5+ Kf6 ( 15... Kg8 conleva a ameza 16. Qf3 Nf5 17. Qxd5+! Bxd5 18. Bxd5# ) ( E se 15... Ke8 16. Qf3 Rg8 non se me ocorren moitas máis cousas ante a ameaza Df6 e logo Df7+ 17. Qf7+ Kd8 18. Rxe7! ) 16. Qf3+ Nf5 17. g4 Bxh2+ 18. Kf1?! ( Creo que é mellor 18. Kh1 mantendo ameazado o bispo, aínda que non profundicei o suficiente. Agora o negro pode complicar a posición con 18... d4 19. Qxb7 Qxb7 20. Bxb7 Nxh6 21. Ne4+ Kg7 22. Bxa8 Rxa8 perdendo unicamente a calidade ) 18...  Be5 19. c3 Rab8 20. gxf5 gxf5 21. Qh5 d6 22. d4 cxd4 23. cxd4 Rhg8 24. dxe5+ dxe5 25. Rac1 Qd7 26. Nf3 Qb5+ 27. Kg1 e4 28. Bg5+ Rxg5 29. Qxg5+ Kf7 30. Rc7+ 1-0

                LÓPEZ RIVEIRO, Marcos:

A seguridade e a precisión das xogadas son as características máis salientables do seu estilo. As súas partidas son un exemplo de xogo paciente e lóxico, de exactitude, de busca da perfección. Entre os seus logros deportivos destaca o Torneo Zonal-Provincial. Vaia a súa vitoria diante da Mestre Internacional Yudania Hernández como exemplo.


Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
C13: Defensa francesa (Sistema clásico) Na primeia partida da Liga enfrontábase, conducindo as pezas negras, o noso primeiro taboleiro, un xogador dun proverbial estilo sólido e a Grande Mestre feminina, ex-campiona cubana e olímpica con España -adoptou a dobre nacionalidade-. 1. e4 e6 2. d4 d5 3. Nc3 Nf6 4. Bg5 dxe4 5. Nxe4 Be7 6. Bxf6 gxf6 7. Nf3 b6 8. Bd3 Bb7 9. Qe2 c6 Ata aquí todo coñecido pola teoría e por ámbolos dous xogadores. Agora é Yudania quen escolle unha agresiva e pouco xogada variante, pero non por iso incorrecta. 10. O-O-O ( A liña principal continúa así 10. O-O Nd7 11. Rfe1 Qc7 12. a4 a5 13. c3 Nf8 14. Qd2 Ng6 como na partida Anand-Dreev (Madrás 1991) ) 10...  Qc7 11. Kb1 Nd7 12. Rhe1 O-O-O 13. Qe3?! Esta xogada non ten moita lóxica xa que a dama non está mellor aquí que en e2 e está máis exposta a posibles ataques co cabalo en d5 o pola diagonal c1-h6. ( 13. c4 Rhg8 14. g3 f5 = ) 13...  Kb8 Típica medida profiláctica que tanto lle gusta a Marcos, para evitar posibles ataques ó longo da diagonal h3-c8 y defendiendo el punto a7 14. Qh6? Esta incursión non ten senso. Pretende comerse o peón de f6? ou o de h7? Inexplicable que unha xogadora da súa categoría faga este tipo de xogadas. ( 14. c4 Rhg8 15. g3 f5 16. Nc3 =+ ) 14...  Rdg8 O noso xogador refuta o plan branco con xogadas sinxelas, directas e exactas. 15. Ng3 ( 15. g3 Rg6 16. Qe3 f5 =+ ) 15...  Bd6 16. Qh5 Rg7 17. Qh6 Rgg8 ( Tamén se pode xogar 17... Rhg8 e non vale 18. Bxh7 por 18... Bf4 19. Qh4 Rh8 20. Nh5 Rgxh7 -+ ) 18. Qe3 h5 Seguindo as recomendacions dos Irmáns Marx : Máis madeira! 19. Bf1 h4 20. Ne4 Agora Marcos demostra unha concentración total e realiza unha serie de xogadas que anula por completo as posibilidades blancas. Podría comerse el peón de h2 directamente pero non... 20...  Bf4! 21. Qa3 f5! 22. Nc3 Bd6! Volver atrás é sempre difícil e máis se "simplemente" é para descolocar unha peza. Despois desta xogada a dama e o cabalo brancos perderon toda a peligrosidade que tiñan fai tres xogadas: agora comese o peón tranquilamente. Moi ben! 23. Qa4 Bxh2 24. Nxh2 Qxh2 25. d5 Yudania tenta dar actividade ás súas pezas pero o que consegue é empeorar a posición 25...  Nc5 26. Qd4 cxd5 27. f4 Semella que as brancas veñen de conseguir deixar o centro negro bloqueado e coa dama negra fóra de xogo poden conseguir algo de ataque. Non obstante Marcos volve demostrar que cando se trata de defender con exactitude hai poucos que o poidan igualalo. 27...  f6!! 28. b4 Arriscada, pero non lles queda más remedio. ( 28. Qxf6 Qxf4 -+ ) 28...  Ne4 29. Nxe4 e5!! Selando a vantaxe decisiva 30. fxe5 fxe5 31. Qf2 fxe4 32. Qf6 Qg3 É hora de facer xogar á dama 33. Bb5 Qc3 34. a3 a6 35. Ba4 Ka7 Tomar o peón de a3 tamén manten a vantaxe decisiva pero, con bo criterio, Marcos prefiere asegurar a posición do seu rei e mellorar o resto das súas pezas, antes de asestar o golpe definitivo. 36. Bb3 Rf8 37. Qe7 Re8 38. Qf7 A campiona cubana baila ó son que lle marca o xogador de Bueu. 38...  Rhf8 39. Qh7 Agora que as torres negras xa interveñen no ataque: É a hora da invasión! 39...  Rf2 40. Rh1 d4 41. Rxh4 Rc8 42. Rh3 d3 43. Rc1 Única xa que se ameazaba Txc2 43...  Rxg2 Marcos nunca ten presa 44. Qh6 Bd5 Acabouse! Vendo esta partida sin coñecer ós contendentes ben poderiamos pensar que o mestre é o conductor das negras. ( Unha continuación podería ser 44... Bd5 45. Bxd5 Rxc2 46. Qg7+ Rc7 47. Qxc7+ Qxc7 48. Rch1 d2 49. Rh7 Rc1+ 50. Kb2 Rxh1 51. Rxc7+ Kb8 52. Rb7+ Kc8 -+ ) 0-1

                MORALES GÓMEZ, Manuel:

Non podemos dicir que Bueu fose un deserto no campo do xadrez, na barbaría de Toñito un grupo de afeccionados se divertía co xogo de Caïsa, ademais os mestres Manuel Conde e Manuel Omil desenvolveron unha importante labor de divulgación deste deporte. Con todo, o doutor Morales, catedrático de matemáticas dun instituto leonés, organizou uns importantes torneos no Círculo Náutico que permitiu aos rapaces da vila enfrontarse con rivais de alto nivel e mellorar así o seu. Morales é, ademais, un forte xogador, cheo de enxeño capaz de empatar unha partida simultánea co futuro campión mundial Veselín Topalov ou gañar unha partida a campioa de España en exercicio Nieves García.

RIVAS MARIÑO, Diego:

Este antigo subcampión zonal-provincial alevín é un amante do risco e das combinacións espectaculares, sabe colocar as pezas no lugares máis axeitados,


                SANTACLARA RODRÍGUEZ, Ramón:

Posiblemente o seu campionato galego xuvenil sexa un dos cumes dos resultados do club, ademais foi elixido mellor deportista de Bueu en dúas ocasións, gañou o Torneo Peón de Ouro na categoría xuvenil, o Torneo Ibérico en Coimbra, o San Miguel, o Virxe do Carme ou o Memorial Benito Sánchez entre outros.

                Destaca pola súa tenacidade, pola comprensión profundísima da arte da defensa e da profilaxe. Del dixo o M.I. Boris Zlotnik, un dos mellores adestradores do mundo, que tiña unha capacidade fóra do común para comprender as peculiaridades das estruturas de peóns. Vexamos a súa vitoria diante de Pérez Fungueiro no campionato galego xuvenil.


Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. d4 Nf6 2. Nc3 d5 3. Bf4 Bf5 4. e3 e6 5. Nce2 Nbd7 6. Ng3 Bg6 7. Bd3 Bxd3 8. Qxd3 Be7 9. Nf3 c5 10. O-O cxd4 11. exd4 O-O 12. Rae1 Re8 13. Re2 Qb6 14. c3 Nb8 15. Bxb8!! Raxb8 16. Ne5 Bd6 17. f4! Esta xogada é a clave e demostra que o xogador de brancas é quen de transformar o sentido das posicións, unha virtude moi pouco corrente. Unha idea moi creativa (Zlotnik) 17...  g6 18. Kh1 Qc7 19. h4 b5 20. b3 Rbc8 21. Rf3 a6 22. h5 Rb8 23. hxg6 hxg6 24. Qe3 Kg7 25. f5 Rh8+ 26. Kg1 Bxe5 27. dxe5 Ng4 28. f6+ Kf8 29. Qd4 Qb6 30. Qxb6 Rxb6 31. Rf4 Nh6 32. c4 bxc4 33. bxc4 Kg8 34. cxd5 exd5 35. Rd2 Rb5 36. Rfd4 Kh7 37. Rxd5 Re8 38. Rxb5 axb5 39. Rd5 Ng4 40. Ne4 Rxe5 41. Ng5+ Rxg5 42. Rxg5 Nxf6 43. Rxb5 Ne4 44. a4 Nc3 45. Rb4 Nd5 46. Rd4 1-0


               Compre reseñar que Ramón foi o segundo presidente do club.


             TORRE ALFONSO, Jesús de la:

3º presidente do club é un táctico excelso, o seu cerebro é un bule bule de ideas. Ten a habilidade de converter o taboleiro nun campo de minas a cada instante. A súa vitoria en simultáneas diante de Graf, campión europeo en exercicio, pode ser dos momentos máis salientables. 
Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
35. Rd8 Qxe3+ 36. Qf2 Rh1+ 37. Kxh1 Qxf2 38. b5 Rxd8 39. Rxd8+ Kf7 40. b6 Qxb6 41. Rd7+ Kg6 42. a4 Qb4 43. a5 Qxa5 44. Re7 h5 45. Re4 f5 46. Rc4 Qd5 47. Rh4 Kg5 48. Rh3 h4 49. Kh2 Qd2 50. Kh1 Qf2 51. Kh2 Kh5 52. Kh1 g5 53. Kh2 g4 54. fxg4+ fxg4 55. Rc3 g3+ 56. Kh3 Qf5# 0-1

               Este exemplo que temos a continuación é un exemplo como xa mesmo dende a apertura non deixa de plantexar enormes problemas aos seus adversarios.

Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. e4 c5 2. d4 cxd4 3. c3 dxc3 4. Nxc3 e6 5. Nf3 Bb4 6. Bc4 Qc7 7. Qe2 b5! 1-0


                 Permítame o amable lector compartir unha produción propia, non é a mellor partida, nin a máis importante, tráioa aquí por ser a conmemoración dun nacemento, xogueina aos poucos días de nacer o meu primeiro sobriño, e hoxe é un símbolo de que a este club lle faltan moitos nacementos que celebrar.

              


Start positionPrevious MoveNext MoveEnd positionPlay movesStop playing
1. e4 e5 2. Nf3 Nc6 3. d4 exd4 4. Bc4 Nf6 5. O-O Nxe4 6. Re1 d5 7. Bxd5 Qxd5 8. Nc3 Qh5 9. Nxe4 Be6 10. Bg5 h6 11. Bf6 Qf5 12. Nxd4 Nxd4 13. Qxd4 Qd5 14. Qa4+ c6 15. Rad1 Qf5 16. Bxg7 Rg8 17. Nf6+ Ke7 18. Rd7# 1-0
Por último quero traer celebrar a alegría, a alegría de moitos momentos e que mellor que unhas viñetas de Luís Davila para iso. As viñetas foron dedicatorias que este extraordinario debuxante e artista me fixo das súas recompilacións do Bicheiro e están reproducidas co permiso do autor. Queden aquí as miñas palabras de agradecemento.